Big Star
Big Star | |
---|---|
Orixe | Memphis, Tennessee, |
Período | 1971 - 1974 1993 - actualidade |
Xénero(s) | rock, powerpop |
Membros | Jon Auer Jody Stephens Ken Stringfellow |
Antigos membros | Alex Chilton Chris Bell Andy Hummel John Lightman |
Na rede | |
http://bigstarband.com/ | |
Big Star é unha banda estadounidense de rock formada en Memphis, Tennessee no ano 1971 por Alex Chilton, Chris Bell, Jody Stephens e Andy Hummel. O grupo separouse en 1974, pero reorganizouse cunha nova formación 20 anos despois, en 1993. Na súa primeira época o seu estilo estaba influenciado por grupos da British Invasion , como The Beatles e The Kinks, así como The Byrds, The Beach Boys e outras bandas estadounidenses, dando como resultado un powerpop ao que a banda lle deu temas escuros e nihilistas, que máis tarde se faría chamar rock alternativo. Antes da súa ruptura, Big Star creou, en palabras da revista Rolling Stone, "un corpo seminal de traballo que nunca deixou de inspirar ás xeracións posteriores", gañándose o recoñecemento décadas despois, segundo Allmusic, como a "quintaesencia do powerpop estadounidense" e "un dos grupos de culto máis míticos e influentes do rock & roll".
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O primeiro álbum de Big Star, #1 Record, foi editado en 1972 con críticas entusiastas, pero cunha campaña de mercadotecnia pouco efectiva por parte de Stax Records, o que cunha pobre distribución atrasou o seu éxito comercial. A frustración pasou factura ás relacións da banda e cando o segundo álbum, Radio City, estivo completado en xaneiro de 1974, tanto Bell como Hummel deixaron o grupo. Ao igual que #1 Record, Radio City tivo excelentes críticas, pero os problemas da discográfica frustrou as súas vendas. Despois de que un terceiro álbum fose considerado pouco comercial para o seu lanzamento e deixado de lado antes de recibir un nome, a banda separouse a finais do ano 1974. Catro anos despois, os dous primeios discos de Big Star foron re-editados xuntos como un álbum dobre. O terceiro traballo da banda foi finalmente lanzado pouco despois co título Third/Sister Lovers, e tivo un limitado éxito comercial. Pouco despois Bell morrería nun accidente de tráfico.
A discografía de Big Star gañou renovada atención nos anos 80 cando R.E.M. e outras populares bandas recoñeceron a súa influencia. En 1992, o aumento do interese fixo que Rykodisc reeditase os álbums da banda, complementándoos cunha colección dos traballos en solitario de Chris Bell. Noa no 1993 Chilton e Stephens reformaron Big Star recrutando a Jon Auer e Ken Stringfellow de The Posies, e deron un concerto na Universidade de Missouri. O grupo continuou en actividade, realizando xiras por Europa e o Xapón, e editando outro álbum de estudio en 2005, In Space. Chilton morreu o 17 de marzo do 2010, despois de entrar no hospital con problemas de corazón. Hummel, ao que se diagnosticou un cancro no 2008, morreu o 19 de xullo do 2010. Esas mortes deixaron a Stephens como único membro da formación orixinal.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
#1 Record | 1972 | Ardent/Stax |
Radio City | 1974 | Ardent/Stax |
Third/Sister Lovers | 1978 | PVC |
In Space | 2005 | Rykodisc |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)